Non teño tempo hoxe para analisar os datos con calma, pero coincido con Carmen Morán de que a crise ten moito que ver coas cifras de escolarización do curso 2010-11. Podedes ler o seu artigo en EL PAÍS no seguinte enlace:
A falta de emprego eleva o número de estudantes a cifras récord.
Eu mesmo, nas miñas intervencións parlamentarias sempre tratei de matizar as diferencias existentes nas cifras de abandono escolar entre, por exemplo, Cataluña e Galicia. As diferencias das dinámicas dos mercados laborais entre ambas comunidades representan un factor relevante á hora de analisar as causas do abandono escolar temperán. De ahí que durante o goberno bipartito sempre relativizáramos a mellor situación de Galicia nas cifras de abandono escolar e apostáramos por impulsar o noso sistema educativo público como elemento estratéxico fundamental para o necesario cambio de modelo económico. Unha aposta que contou cos maiores incrementos en materia orzamentaria na área de educación na historia da nosa comunidade autónoma.
Agora é todo o Estado o que está a pasar unha das maiores crises no mercado laboral da nosa historia. As oportunidades de atopar un traballo para a xente nova son moito máis escasas que as que tiñan dous ou tres anos atrás, nas que a construcción por sí mesma ofrecía miles de postos de traballo sen cualificar.
Por iso é tan importante implementar obxectivos, programas, actuacións que nos permitan usar a crise de forma intelixente para atraer alumnado, fundamentalmente para Formación Profesional que é a nosa gran eiva, e conseguir que permanezan no sistema educativo ata a finalización dos seus estudos.
Lamentablemente en Galicia contamos cun goberno que vai con rumbo contrario.
Podedes ver esta nota de prensa do Ministerio de Educación cun resumo dos datos de escolarización do curso 2010-11 en España. O que teña afición pode ver o documento en toda a súa extensión: Datos e Cifras: Curso Escolar 2010-11.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
O certo é que xente que queda sen traballo o que non accede ao mercado laboral, opta por seguir a sua formación por “facer algo”, é responsabilidade das administracións educativas, non só aproveitar ese feito, senón incidir e valorar a importancia da formación, dos estudios, e da formación profesional porque na mellora da cualificación do capital humano reside a mellora da estructura e do rendemento do mercado de traballo.