OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O AVANCE DESMEDIDO DAS POLITICAS REGRESIVAS DE FEIJOO NO ENSINO PÚBLICO

- Sobre o Decreto do Galego, o portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Guillermo Meijon, asevera que a política de santísimas trinidade Feijoo-Jesus Vázquez-Anxo Lorenzo pretenden tapar o desmantelamento do ensino publico.
- Sobre os libros de texto relatou que en 2 anos vanse “tirar 12 millóns de euros neste material escolar e que deberan ser sufragadas, na súa maior parte, polos nais e pais de Galicia”.
- No que se refire a Formación Profesional afirma que se prevé “unha redución escandalosa nas matriculacións, se a Xunta non rectifica”.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2010.- O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón fixo hoxe balance do inicio do curso no ensino publico galego. Cualificou de “regresivas” as actuacións de Feijóo nesta materia, e afirma que o Partido Popular “esta impulsando e potenciando o desmantelamento do ensino publico na nosa Comunidade dende a súa chegada ao Goberno da Xunta”, espetou.
En rolda de prensa, Guillermo Meijón, denunciou en primeiro lugar a reducción alarmante do profesorado con 600 docentes menos para este curso. Explica que dende o PSdeG-PSOE esperamos que a Consellería de Educación reduza esta cifra e se incrementen o numero de docentes, como mínimo ata chegar as cifras do curso pasado. O deputado asegura que a maior reducción vese reflectida na educación secundaria, xa que se vería diminuída en aproximadamente 500 docentes con respecto ao curso pasado.
O parlamentario socialista tamén aludiu ao peche de centros educativos. Denuncia que o único criterio aportado pola Consellería de Educación “é o criterio económico”. E replica que non se valoran aspectos como as distancias a outros centros, se existen servicios complementarios, distancia a outros centros, fixación de poboación, e tampouco se observan aspectos tan básicos como as previsións da natalidade.
No que se refire a Formación Profesional afirma que se prevé “unha reducción escandalosa de ciclos, se a Xunta non rectifica o seu propio decreto”. Advirte que cambiar os criterios da ratios mínimas necesarias para meter ciclos de FP pode causar, especialmente no rural, un peche masivo de ciclos, que os propios sindicatos cifraron en 300. Ademais di que lle consta información de que na propia Consellería existen voces tratando de que se suavicen os criterios do decreto. A maiores denuncia que o Mapa da Formación Profesional de Galicia segue paralizado.
Sobre os libros de texto relatou que en 2 anos vanse “tirar 12 millóns de euros neste material escolar e que deberan ser sufragadas, na súa maior parte, polos nais e pais de Galicia”. Di que o Decreto do Galego foi feito de xeito tan “ladino” que os libros de texto nin sequera poden ser utilizados como material de apoio.
Fixo referencia ao “desastre no funcionamento da paxina web”. Afirma que dende hai varios as aplicacións da paxina web para o funcionamento dos centros e para a substitución de docentes “esta desaparecida da web, e a día de hoxe non se pode entrar nela”.
Enviou unha mensaxe: “Non se pode responder con ameazas”.-
Por último aludiu ao Decreto do Galego. Asevera que a política de “santísima trinidade” Feijóo-Jesus Vázquez-Anxo Lorenzo pretenden tapar con esta norma o resto de políticas regresivas que se están tomando en Galicia no tocante ao ensino publico. Di que o PP pretende que se fale deste conflicto que “ eles mesmos crearon para non falar da realidade tremendamente importante no sistema publico”. E asegura que en Galicia hai responsables claros do que esta acontecer con respecto a este Decreto, e envioulles unha mensaxe “non se pode responder con ameazas”. Anunciou que dende o PSdeG-PSOE estudiaranse tódalas medidas necesarias para acadar o consenso lingüístico que nunca debemos deixar. Dixo que o PP o único que fixo foi enfrontar aos galegos sobre esta situación “nun conflicto que nunca debeu existir”, sentenciou.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.