Arquivos mensuais: Agosto 2010

un grande artigo de fermín bouza.- “política: estratexia ou nada”

Limítome a colocar o enlace a este, coido que de necesaria lectura, artigo de Fermín Bouza: Política: estrategia o nada Por certo, xa de paso, non deixar de ler -vai na mesma liña- o artigo anterior de Fermín: ¿Navidades electorales?

Publicado en Eleccións, Política, PP, PSdeG-PSOE, PSOE | Etiquetado , , | 1 comentario

feijóo e rajoy.- “gargantas profundas” do pensamento educativo

Na prensa de hoxe podemos ler sendas entrevistas a Mariano Rajoy e a Alberto Núñez Feijóo. Hoxe é domingo, polo que non penso esforzarme en desbrozar nestas liñas todo o que dan de sí ( e dan moito) as declaracións … Seguir lendo

Publicado en Educación, PP, Ratios | Etiquetado , , , , , , , , , | 2 Comentarios

liberdade para Sakineh.-

Hoxe estou a ler en EL PAÍS o chamamento do avogado de Sakineh para que a comunidade internacional siga a presionar para que se suspenda e conmute a condea a morte por lapidación á súa clienta, Sakineh Mohammadi Ashtiani. Aquí … Seguir lendo

| Deixar un comentario

queima dunha lingua: de feijóo ao cubismo de castro, pasando polo milagre de fanjeaux

Falaba no antigo anterior (o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo) de como, a partir do curso que está próximo a comezar, unha auténtica morea de libros, polo mero feito de estaren escritos en galego, nin siquera poderán … Seguir lendo

Publicado en Educación, Libros de texto, Lingua Galega | Etiquetado , , , , , , , , , | Deixar un comentario

o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo

A Consellería de Educación ven de comunicar na súa páxina web unha nova convocatoria de axudas para a caprichosa compra de libros que as nais e pais -do alumnado de 3º e 4º de Primaria e de todos os cursos … Seguir lendo

Publicado en Educación, Libros de texto, Lingua Galega, PP, PSdeG-PSOE | Etiquetado , , , , , , , | 6 Comentarios

peche de escolas públicas: comezo de curso=malas novas.-

Achegámonos ao comezo do curso 2010-11 e, desgrazadamente, xa se están a albiscar os efectos negativos que as políticas regresivas do goberno Feijóo seguen a provocar no sistema educativo público. En base a un falso discurso de austeridade e eficiencia, … Seguir lendo

| 2 Comentarios

escola laica.- materiais I – argumentacións do PP respecto da simboloxía relixiosa

O pasado 2 de decembro de 2009, debatíase na “Comisión de Educación y Deporte” do Congreso unha proposición de lei do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana-Izquierda Unida-Iniciativa per Catalunya Verds que rematou coa votación do seguinte texto que respondía a … Seguir lendo

Publicado en Educación, Escola Laica, PP, PSOE | Etiquetado , , , | 1 comentario

a navalla de Ockam e de como a FP está a gañar peso no noso sistema educativo.-

É curioso o titular da nova trasladada a opinión pública pola Consellería de Educación de Jesús Vázquez referida a Formación Profesional. Aquí vai o seu titular: A Formación Profesional gaña peso no sistema educativo galego. E quedan tan panchos!!!. Ou … Seguir lendo

Publicado en Educación, Formación Profesional, Orzamentos | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios

claro que… goberno opaco??, o-paco??, o Paco aquél que todos recordamos????

Dende logo, mal imos con Alberto Núñez Feijóo en materia de transparencia. Tanto él mesmo como os seus conselleiros están a practicar un nidio exemplo, un diáfano exemplo, do que significa a opacidade como estilo de goberno. Paradóxico, xa o … Seguir lendo

| Deixar un comentario

a inserción laboral d@s nos@s universitari@s: estudo da ACSUGA.-

[recompilando materiais] A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA) presentou o pasado 6 de xullo de 2010 a publicación titulada: Estudio da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2006-2007. Como ben indicado na … Seguir lendo

| Deixar un comentario

do que feijóo e mato están facer coa dependencia en galicia.-

Dende logo,  o que temos que aguantar!. Ollade este titular de hoxe publicado no Xornal de Galicia: Beatriz Mato reprende por carta os sindicatos por non “felicitar a súa xestión en dependencia”. E, a todo esto, a felicitación que pretende … Seguir lendo

| Deixar un comentario

Feijóo obrigado a rectificar a concesión da central de biomasa a ENCE-Lourizán.-

Como ben sabedes, a Xunta de Galicia emitira unha resolución o pasado 30 de abril, publicada no DOG do 28-06-2010, na que se aprobaba a relación de anteproxectos de instalación de centrais de biomasa. Nesa resolución, aparecía o proxecto para … Seguir lendo

| 3 Comentarios

de libros: trafegando ronseis [unha delicia e un divertimento]

Este artigo vai escrito polo docente que son e non polo político en que conxunturalmente téñome convertido. De todas formas, non teño máis mérito que o de trasladar dous enlaces ás páxinas de TRAFEGANDO RONSEIS, unha excelente bitácora que recomendo … Seguir lendo

| Deixar un comentario

luces de emerxencia azuis: ¡¡¡que gran verdade dixo o de allariz!!!

Permitídeme esta brincadeira, pero non o podo evitar. Ata a mesma prensa ten difícil disimular certa chacota no tratamento da última rolda de prensa de Antonio Miranda, ou, se prefiren, de  “Toñito de Allariz”, por empregar a denominación “baltariana”. A … Seguir lendo

Publicado en Varios | Etiquetado , | Deixar un comentario

feijóo sen caña por culpa do frade fermín [relendo a F. Bouza].-

“Deixar en exclusiva á esquerda e ao nacionalismo a defensa da lingua é un disparate que, máis cedo ou máis tarde, pasará factura cívica” De cando en vez, en xalundes, aparecen papeis que no seu día se deixaron, por múltiples … Seguir lendo

Publicado en Educación, Lingua Galega, Política | Etiquetado , , , | Deixar un comentario