Sabiades que Feijóo e Vázquez renunciaron a 2 millóns de euros no Proxecto ABALAR?
Sabiades que o MEC tivo que reducir en 1 millón de euros a súa aportación para Galicia porque Feijóo e Vázquez así llo pediron?
Non estamos a falar de cuestións opinativas. Estamos a falar de datos fácilmente contrastables. Basta con recurrir ao Boletín Oficial del Estado (BOE) para atopar o seguinte:
BOE do 5/08/09: Nel podemos observar que a aportación que o MEC tiña previsto conceder a Galicia era exactamente de 5.701.300 euros.
BOE do 29/03/10: No que se recolle o texto do convenio entre o MEC e a Xunta de Galicia do 23/12/09. Aquí vemos que a cantidade aportada polo MEC quedou reducida finalmente a 4.000.000 de euros.
Cal foi a razón desta redución? Moi fácil: Núñez Feijóo e Jesús Vázquez.
Como ben sabedes, e así o expliquei no anterior artigo sobre este mesmo tema, este programa desenvólvese a través de convenios entre o MEC e as CCAA nas que cada unha das partes aportan o 50% da cantidade total. Pois ben, como Feijóo e Vázquez non quixeron aportar máis de 4 millóns de euros, o MEC tivo que reducir a súa cantidade inicialmente prevista para Galicia en máis de 1 millón de euros. Lóxicamente o MEC non podía ter con Galicia un comportamento distinto que co resto das CCAA.
E así pasou o que pasou. Dun programa que podía contar -en números redondos- cunha suma de 10 millóns de euros (5 millóns do MEC + 5 millóns da Xunta), quedamos cun programa que finalmente contou con 8 millóns de euros (4 millóns do MEC + 4 millóns da Xunta).
Non está de máis recordar que a Consellería de Jesús Vázquez deixou sen executar no ano 2009 máis de 60 millóns de euros.
Ou tamén apuntar que Núñez Feijóo e Jesús Vázquez non tiveron problemas para atopar cartos para: o cambio de imaxe das escolas de 0-3 anos (as galiñas azuis), para facer os inservibles inquéritos sobre a lingua galega, para a promoción do novo e imposto decreto de galego (1 millón de euros), perto de 400 millóns de euros de sobrecusto na adxudicación da autovía da Costa da Morte, 4 millóns para actividades paralelas á visita papal todavía sen explicar ou 10 millóns de euros en libros de texto que é preciso tirar ao lixo e sustituilos cando todavía tiñan vixencia. Por non falar das cadeiras para a biblioteca do Gaiás (máis de 500 euros cada unha), dos 10 millóns de euros gastados en adquirir por leasing ou renting arredor de 500 novos vehículos, etc., etc.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Por que non empregas Blogger para facer o teu blogue?
Non coñezo o funcinamento de wordpress pero de calqueira xeito hai que tratar de que o deseño, a plantilla sexa mais atractiva, é abondo seria; a foto do comezo deberías personalizala algo se eso é posible .
No meu cole tiñamos moita ilusión por estar no proxecto Avalar. Pensabamos que tiñamos as condicións necesarias para elo, por eso levamos un “chasco” cando vimos que non estabamos na lista dos “afortunados”. ¡unha mágoa!.