NOVA DIRECCIÓN DESTE BLOG.-

O Blog “escoladeferrado” cambia a súa dirección en Internet por mor de terse cambiado para un dominio propio, os que queiran achegarse a él poden pinchar no seguinte enlace:

www.escoladeferrado.es

Deixar un comentario

curso 2010-11.- crise económica e taxas de escolarización – datos e cifras

Non teño tempo hoxe para analisar os datos con calma, pero coincido con Carmen Morán de que a crise ten moito que ver coas cifras de escolarización do curso 2010-11. Podedes ler o seu artigo en EL PAÍS no seguinte enlace:
A falta de emprego eleva o número de estudantes a cifras récord
.

Eu mesmo, nas miñas intervencións parlamentarias sempre tratei de matizar as diferencias existentes nas cifras de abandono escolar entre, por exemplo, Cataluña e Galicia. As diferencias das dinámicas dos mercados laborais entre ambas comunidades representan un factor relevante á hora de analisar as causas do abandono escolar temperán. De ahí que durante o goberno bipartito sempre relativizáramos a mellor situación de Galicia nas cifras de abandono escolar e apostáramos por impulsar o noso sistema educativo público como elemento estratéxico fundamental para o necesario cambio de modelo económico. Unha aposta que contou cos maiores incrementos en materia orzamentaria na área de educación na historia da nosa comunidade autónoma.

Agora é todo o Estado o que está a pasar unha das maiores crises no mercado laboral da nosa historia. As oportunidades de atopar un traballo para a xente nova son moito máis escasas que as que tiñan dous ou tres anos atrás, nas que a construcción por sí mesma ofrecía miles de postos de traballo sen cualificar.

Por iso é tan importante implementar obxectivos, programas, actuacións que nos permitan usar a crise de forma intelixente para atraer alumnado, fundamentalmente para Formación Profesional que é a nosa gran eiva, e conseguir que permanezan no sistema educativo ata a finalización dos seus estudos.

Lamentablemente en Galicia contamos cun goberno que vai con rumbo contrario.

Podedes ver esta nota de prensa do Ministerio de Educación cun resumo dos datos de escolarización do curso 2010-11 en España. O que teña afición pode ver o documento en toda a súa extensión: Datos e Cifras: Curso Escolar 2010-11.

Publicado en Educación, Formación Profesional, Informes Educación, Ministerio de Educación, Orzamentos, PSdeG-PSOE, PSOE | Etiquetado , , , , , , , , | 1 comentario

breves: proxecto de lei de seguridade alimentaria e nutrición.-

O Goberno do Estado aprobou, o pasado día 3 de setembro de 2010, o proxecto de Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición.

Esta norma contempla a prohibición de discriminación por obesidade e prohíbe a venda no ámbito escolar de alimentos e bebidas que no cumplan cunha serie de criterios nutricionais.

Nota de prensa do Ministerio de Sanidade.

Deixar un comentario

que pensan os de arriba da lingua?.- artigos de necesaria lectura de fermín bouza

Fago referencia a dous artigos, ao meu modo de ver de imprescindible lectura, de Fermín Bouza.

O primeiro deles escrito en EL PAÍS: ¿Qué piensan los de la arriba de la lengua?

Copio aquí parte do mesmo coa clara intención de que non poidades evitar pinchar sobre o enlace para ler o texto completo:

Todo lleva a la conclusión de que la defensa de la lengua, la hablen hoy o no, pasa por estas clases de arriba, que parecen mandar constantemente un mensaje reiterado: “Estamos aquí para impulsar la nueva modernización en Galicia, y lo podríamos hacer en gallego de forma razonable, de igual forma que apoyaríamos propuestas de progreso para dar ese salto histórico”. Creo que esta frase, estadísticamente deducida de esos y otros datos, resume bien las paradojas que muchos encontrarán en esos mismos datos.

Estamos, pues, ante un cierto prejuicio histórico de la izquierda no menos histórica (la bondad social está contenida en el pueblo más llano) que juega un papel disociador entre esa izquierda y los segmentos o clases sociales alto/as o medio/as. Eso no es bueno para la lengua ni para la izquierda.

En los tiempos que se avecinan en el tema lingüístico, es más necesario que nunca ampliar y reforzar las conexiones sociales de las organizaciones lingüísticas y de progreso, también (y sobre todo a día de hoy) con las clases medias y altas, abiertas, según encuestas, a la devolución a Galicia de su lengua propia y a una modernización de nuevo tipo y con nuevas perspectivas. Si se hace, las cosas mejorarán mucho mejor y más rápido de lo esperado. Y que así sea para bien de todos y de Galicia.

E, como complemento obrigado, revisade o artigo publicado no seu blog: La lengua, la clase y el voto.

E non vos perdades as táboas estatísticas que xustifican a súas argumentacións e das que deixo aquí unha copia.

Deixar un comentario

valoración do principio de curso da “santísima trinidade”: feijóo-vázquez-lorenzo

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O AVANCE DESMEDIDO DAS POLITICAS REGRESIVAS DE FEIJOO NO ENSINO PÚBLICO

– Sobre o Decreto do Galego, o portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Guillermo Meijon, asevera que a política de santísimas trinidade Feijoo-Jesus Vázquez-Anxo Lorenzo pretenden tapar o desmantelamento do ensino publico.

– Sobre os libros de texto relatou que en 2 anos vanse “tirar 12 millóns de euros neste material escolar e que deberan ser sufragadas, na súa maior parte, polos nais e pais de Galicia”.

– No que se refire a Formación Profesional afirma que se prevé “unha redución escandalosa nas matriculacións, se a Xunta non rectifica”.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2010.- O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón fixo hoxe balance do inicio do curso no ensino publico galego. Cualificou de “regresivas” as actuacións de Feijóo nesta materia, e afirma que o Partido Popular “esta impulsando e potenciando o desmantelamento do ensino publico na nosa Comunidade dende a súa chegada ao Goberno da Xunta”, espetou.

En rolda de prensa, Guillermo Meijón, denunciou en primeiro lugar a reducción alarmante do profesorado con 600 docentes menos para este curso. Explica que dende o PSdeG-PSOE esperamos que a Consellería de Educación reduza esta cifra e se incrementen o numero de docentes, como mínimo ata chegar as cifras do curso pasado. O deputado asegura que a maior reducción vese reflectida na educación secundaria, xa que se vería diminuída en aproximadamente 500 docentes con respecto ao curso pasado.

O parlamentario socialista tamén aludiu ao peche de centros educativos. Denuncia que o único criterio aportado pola Consellería de Educación “é o criterio económico”. E replica que non se valoran aspectos como as distancias a outros centros, se existen servicios complementarios, distancia a outros centros, fixación de poboación, e tampouco se observan aspectos tan básicos como as previsións da natalidade.

No que se refire a Formación Profesional afirma que se prevé “unha reducción escandalosa de ciclos, se a Xunta non rectifica o seu propio decreto”. Advirte que cambiar os criterios da ratios mínimas necesarias para meter ciclos de FP pode causar, especialmente no rural, un peche masivo de ciclos, que os propios sindicatos cifraron en 300. Ademais di que lle consta información de que na propia Consellería existen voces tratando de que se suavicen os criterios do decreto. A maiores denuncia que o Mapa da Formación Profesional de Galicia segue paralizado.

Sobre os libros de texto relatou que en 2 anos vanse “tirar 12 millóns de euros neste material escolar e que deberan ser sufragadas, na súa maior parte, polos nais e pais de Galicia”. Di que o Decreto do Galego foi feito de xeito tan “ladino” que os libros de texto nin sequera poden ser utilizados como material de apoio.

Fixo referencia ao “desastre no funcionamento da paxina web”. Afirma que dende hai varios as aplicacións da paxina web para o funcionamento dos centros e para a substitución de docentes “esta desaparecida da web, e a día de hoxe non se pode entrar nela”.

Enviou unha mensaxe: “Non se pode responder con ameazas”.-
Por último aludiu ao Decreto do Galego. Asevera que a política de “santísima trinidade” Feijóo-Jesus Vázquez-Anxo Lorenzo pretenden tapar con esta norma o resto de políticas regresivas que se están tomando en Galicia no tocante ao ensino publico. Di que o PP pretende que se fale deste conflicto que “ eles mesmos crearon para non falar da realidade tremendamente importante no sistema publico”. E asegura que en Galicia hai responsables claros do que esta acontecer con respecto a este Decreto, e envioulles unha mensaxe “non se pode responder con ameazas”. Anunciou que dende o PSdeG-PSOE estudiaranse tódalas medidas necesarias para acadar o consenso lingüístico que nunca debemos deixar. Dixo que o PP o único que fixo foi enfrontar aos galegos sobre esta situación “nun conflicto que nunca debeu existir”, sentenciou.

Deixar un comentario

un grande artigo de fermín bouza.- “política: estratexia ou nada”

Limítome a colocar o enlace a este, coido que de necesaria lectura, artigo de Fermín Bouza:

Política: estrategia o nada

Por certo, xa de paso, non deixar de ler -vai na mesma liña- o artigo anterior de Fermín:

¿Navidades electorales?

Publicado en Eleccións, Política, PP, PSdeG-PSOE, PSOE | Etiquetado , , | 1 comentario

feijóo e rajoy.- “gargantas profundas” do pensamento educativo

Na prensa de hoxe podemos ler sendas entrevistas a Mariano Rajoy e a Alberto Núñez Feijóo. Hoxe é domingo, polo que non penso esforzarme en desbrozar nestas liñas todo o que dan de sí ( e dan moito) as declaracións destes dous requintados políticos. Simplemente limítome a deixar dúas grandes contribucións ao pensamento educativo:

“tomaremos medidas racionales en favor de la calidad, porque no puede haber solo cinco chavales en un aula”

“A mí me gusta que
me dejen educar a mis hijos
como quiera”

que pretende facer Feijóo?.-

… pechar todas as aulas de Pedagoxía Terapéutica de menos de cinco alumnos-as?
… pechar todas as aulas de Audición e Linguaxe de menos de cinco alumnos-as?
…  pechar todas as aulas de reforzo?
… pechar todos os programas educativos dos centros que impliquen aulas de menos de cinco alumnos-as?
… por certo, pechar todas as aulas de ensinanza relixiosa que conten con menos de cinco alumnos-as?
… pechar calquera tipo de aula que, por calquera circuntancia, teñan menos de cinco alumnos-as?
… sendo un pouco máis serios, o actual presidente da Xunta de Galicia pretende confirmarnos que ó único criterio a considerar para manter aulas abertas será exclusivamente a cifra de cinco alumnos-as?

Non cabe dúbida de que o que sí está a facer Feijóo é ratificar a frase antolóxica do seu conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, cando falaba hai pouco de “ratios que son unha lacra para la sociedad”.

que pretende dicir Rajoy?.-

… que é un firme partidario da homeschooling na súa versión máis liberal para así poder educar aos seus fillos-as como queira?
… que, xa que logo, implantará a
homeschooling a todo o Estado se consegue gañar as próximas eleccións?
… que por iso Feijóo, que sempre está nos seus pensamentos, fai ben en non facerlle caso ao Consello Escolar de Galicia, aos Consellos Escolares de Centro, ao Consello Galego da Formación Profesional, ao Observatorio da Convivencia, ás Comisións Sectoriais, ao Consello Escolar do Estado, … e ao resto de órganos democráticos de participación dos distintos sectores da comunidade educativa?
.. que por iso Feijóo e Jesús Vázquez fan ben en non convocar a maioría de ditos órganos? Por outra parte, unha sabia e austera medida se total non lles van facer ningún caso.
… que só leva aos seus fillos-as a aquelas escolas que lle garanten que os docentes seguirán o Proxecto Pedagóxico de Rajoy (PP de Rajoy)?
… que suprimirá todas as leis educativas existentes, salvo a que él mesmo promulgará para garantir que cada pai/nai/titor-a poderán educar aos seus fillos-as como eles queiran?

Por que non di que, dende o Partido Popular, o que verdaderamente pretenden coa estratexia que eles eufemísticamente liberdade educativa é convertir a rede do sistema educativo público nunha rede de beneficiencia?

Publicado en Educación, PP, Ratios | Etiquetado , , , , , , , , , | 2 Comentarios

liberdade para Sakineh.-

Hoxe estou a ler en EL PAÍS o chamamento do avogado de Sakineh para que a comunidade internacional siga a presionar para que se suspenda e conmute a condea a morte por lapidación á súa clienta, Sakineh Mohammadi Ashtiani.

Aquí tedes o enlace para aqueles que queirades asinar en contra da súa execución e todavía non o fixestes. Basta con pinchar nesta imaxe:

Todos temos moitas dúbidas sobre a eficacia destas accións, eu o primeiro, o que fai que moitas veces aforremos ese pequeno xesto dunha firma. Antes de pechar este artigo, e para aqueles que aínda non o coñezan, deixo este impactante vídeode Amnistía Internacional que de seguro reforzará a vosa decisión de asinar.

Deixar un comentario

queima dunha lingua: de feijóo ao cubismo de castro, pasando polo milagre de fanjeaux

Falaba no antigo anterior (o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo) de como, a partir do curso que está próximo a comezar, unha auténtica morea de libros, polo mero feito de estaren escritos en galego, nin siquera poderán ser utilizados como materiais de apoio nas aulas por mor do imposto decreto da trinidad (feijóo-vázquez-lorenzo).

O destino deses libros todavía é unha incógnita sen dilucidar, pero ao andar con esta teima encima  non poiden evitar lembrarme dunha obra de Pedro Berruguete (1450 – 1503) titulada “La prueba del fuego”, hoxe no Museo del Prado.

Nesa pintura, Pedro Berruguete fai referencia ao coñecido como Milagre de Fanjeaux, por situarse a orixe desta historia neste pobo do sur de Francia.

En Fanjeaux, en plena disputa entre cátaros e católicos, conta a lenda que libros duns e doutros foron sometidos á proba do lume. Todos vos imaxinades o que pasou, os libros dos cátaros arderon irremisiblemente namentras, de forma milagreira, os libros católicos (pertencentes a Santo Domingo) eran preservados dos efectos da fogueira.

Ata aquí a lenda, pero todos sabemos como ao longo da historia moitas foron as ocasións en que se recurriu á queima de libros. Sei que non preciso referirme a elas, están na memoria, pero non me resisto a referir unha maledicencia sen confirmar: cóntase que na dictadura de Pinochet, buscando libros de carácter marxista, atoparon nunha biblioteca de Arte Pictórico libros sobre Cubismo e os queimaron todos pensando que estaban relacionados coa Cuba de Fidel Castro.

Feijóo, Vázquez, Lorenzo, Berruguete, Fanjeaux, Santo Domingo, Cátaros, Pinochet, Cubismo, Cuba, Fidel Castro… queima de libros… queima dunha lingua.

Sei que a caricatura como esaxeración extrema da realidade, poucas veces contribúe a un debate sereno, sosegado, reflexivo e rigoroso. De certo que non pretendía inicialmente escribir o artigo neste ton.

Sinto, pero saiume así.

Publicado en Educación, Libros de texto, Lingua Galega | Etiquetado , , , , , , , , , | Deixar un comentario

o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo

A Consellería de Educación ven de comunicar na súa páxina web unha nova convocatoria de axudas para a caprichosa compra de libros que as nais e pais -do alumnado de 3º e 4º de Primaria e de todos os cursos de Secundaria- terán que facer por mor do imposto decreto de galego da trinidade feijóo-vázquez-lorenzo.

Un decreto que debera ter contemplado, alomenos, unha disposición adicional cunha moratoria para que os actuais libros de texto poideran completar o seu ciclo e non tiveran que ser cambiados -manu militare- antes de finar o seu período útil. Ou cando menos, que os consellos escolares poideran tomar a decisión corespondente.

Pero non, de pouco serviron as denuncias efectuadas, entre outros, polo Grupo Parlamentario Socialista respecto da tremenda barbaridade e a falcatruada que representa en épocas de crise cargar aos pais e nais cun gasto bastante superior a dez millóns de euros entre o curso 2010-11 e o 2011-12.

Estamos a falar de que máis de 130.000 alumnas-os terán que afrontar un cambio de libros que tería que ser evitado por un Núñez Feijóo que se autoproclama como “Cruzado da Austeridade e da Eficiencia” no gasto público.

Eso sí, e de certo que as críticas da oposición contribuiron a elo, a continuación víronse obrigados a anunciar que sacarían unha orde de axudas que paliara a carga total deste capricho de Feijóo ás familias. Un anuncio realizado o día 10 de xuño de 2010 na súa páxina web.

Nese anuncio, indicaban que ampliarían as axudas para mercar libros a aqueles manuais que tiveran necesidade de ser cambiados a causa do imposto decreto trinitario.  E agora, pasados máis de dous meses e co curso 2010-11 a piques de comezar, todavía non teñen publicada dita norma e o único que fan e volver a anunciar o mesmo????

En todo caso, aos calificativo de barbaridade e falcatruada temos sumarlle o de ineficacia e torpeza. Que lle pregunten aos equipos directivos cantas consultas de nais e pais levan contestadas respecto de que vai pasar cos libros de texto.

Pero coidado, podemos estar ante unha manobra de engano por parte da Xunta de Galicia. Podemos estar ante un anuncio que pretende artificiosamente reducir os manuais que serían susceptibles de axuda.

Así, a nota de prensa fala de que a Xunta “convocara nos vindeiros días a orde de axudas para a adquisición de libros que cambian de idioma, e que só afecta a matemáticas, tecnoloxías e física e química, por mor do Decreto do plurilingüismo para o ensino non universitario”.

Moi clariño encárganse de precisar que só estarían afectadas “matemáticas, tecnoloxías e física e química”. Pero iso non é verdade, repasemos os artigos 6º e 7º do Decreto (trinitario) 79/2010 :

Atentos ao punto 4 de cada un dos artigos, que leva a mesma redacción en ambos. Neste punto indícasenos que “…cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, …”.

Esto quere dicir, que as únicas materias que poden cambiar de idioma por mor do decreto non son únicamente matemáticas, tecnoloxías e física e química como pretender facernos ver. En cada centro, por mor do decreto, terán que ter en conta diversas circunstancias, como poden ser: o profesorado con que contan, o eufemísticamente chamado equilibrio lingüístico, etc., o cal pode provocar fácilmente que outras materias teñan que cambiar o seu idioma e que, polo tanto, os libros actuais fiquen inutilizables.

De producirse ese caso, o cambio de libros desas materias distintas a matemáticas, tecnoloxías e física e química NON RECIBIRÍAN AXUDAS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA.

Sen embargo, no seu anuncio de axudas fan referencia “aos manuais que é preciso mudar para dar cumprimento á asignación lingüística de materias establecida por este decreto”.

En que quedamos!!!!!!!

Por certo, falan de que os actuais libros de texto poderán ter uso nos centros. POIS NON É ASÍ!!!!!!. Se encargaron moi ben de poñelo no decreto trinitario. Observen a redacción do punto 1 do artigo 13º:

Artigo 13º.-Elaboración e publicación de materiais curriculares.
1. Os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia.

É dicir, non só os libros terán que estar redactados na lingua de impartición da materia, tamén o resto dos materiais que se empreguen. Co cal, por exemplo, os actuais libros de matemáticas que están en galego nen siquera -segundo o decreto- pódense usar como material de apoio.

Publicado en Educación, Libros de texto, Lingua Galega, PP, PSdeG-PSOE | Etiquetado , , , , , , , | 6 Comentarios

peche de escolas públicas: comezo de curso=malas novas.-

Achegámonos ao comezo do curso 2010-11 e, desgrazadamente, xa se están a albiscar os efectos negativos que as políticas regresivas do goberno Feijóo seguen a provocar no sistema educativo público.

En base a un falso discurso de austeridade e eficiencia, Jesús Vázquez pretende descapitalizar a escola pública e fomentar descaradamente a privatización da educación, seguindo os modelos de Valencia e Madrid que él mesmo se encarga de mentar en máis dunha ocasión.

O anuncio dos peches de escolas é un elemento máis deste tipo de políticas. A propia Consellería de Educación revela as súas intencións cando pretende xustificarse. Porque o único argumento que poñen enriba da mesa e o do número de alumnos matriculados nas mesmas. Non abondan en ningún outro tipo de razóns.

Jesús Vázquez únicamente está a xustificar o peche destes centros utilizando como único criterio unha suposta eficiencia económica. Por suposto dende o Grupo Parlamentario Socialista entendemos que ese non é o camiño correcto.

A eficiencia no uso dos recursos públicos debe ser unha constante de calquera goberno e de calquera tempo e situación, pero, en educación, esto non pode traducirse na simplificación que resulta de aplicar un parámetro único, neste caso o número de alumnos, para a decisión final de pechar unha escola. E máis, moitas das veces, o número de alumnos non pode nin debe ser a argumentación principal da supresión dun centro educativo.

O equilibrio territorial, a fixación da poboación, as previsións a largo prazo de futuras matrículas, as distancias a outros centros educativos, os servizos complementarios (transporte e comedor), a idade dos rapaces, o tipo de educación, son, entre outros, criterios a ponderar con rigor e sempre en clave dun sistema educativo de calidade e equidade. Ese sí que debe ser o único criterio a seguir, que as medidas adoptadas incrementen o grao de excelencia do sistema educativo público.

O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha iniciativa parlamentaria reclamando saber exactamente as causas dos peches dos centros educativos e, moi especialmente, os criterios e procedementos empregados para adoptar a decisión final.

Por outro lado, non estamos a falar de sospeitas cando imputamos a Núñez Feijóo e a Jesús Vázquez usar o economicismo como criterio único contra o sistema educativo público. Podemos citar a recente medida de pechar ciclos formativos de FP coa simple modificación de incrementar as ratios mínimas precisas para que se poideran impartir. De 8 a 12 alumnos nas grandes cidades, de 6 a 8 no resto. Unha medida denunciada no seu día no propio Parlamento e ante a opinión pública polo Grupo Parlamentario Socialista e cuxos efectos aínda son descoñecidos porque a Consellería de Educación está ocultando esa información.

A Consellería de Educación foi quen de paralizar o instrumento que permitiría unha toma rigorosa de decisións, o Mapa da Formación Profesional de Galicia. Jesús Vázquez ordenou parar os traballos, en estado moi avanzado, das comisións sectoriais e territoriais en connivencia coa Consellería de Traballo. Idéntico proceder adoptou respecto do II Plan Galego de Formación Profesional que relegou ao ostracismo. Todo esto con absoluto desprezo respecto da participación da comunidade educativa. De feito, o plenario do Consello Galego de Formación Profesional aínda está a esperar a primeira convocatoria do goberno Feijóo. E logo gábanse de que a FP gañou peso!!!

2 Comentarios

escola laica.- materiais I – argumentacións do PP respecto da simboloxía relixiosa

O pasado 2 de decembro de 2009, debatíase na “Comisión de Educación y Deporte” do Congreso unha proposición de lei do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana-Izquierda Unida-Iniciativa per Catalunya Verds que rematou coa votación do seguinte texto que respondía a unha enmenda transaccional do Grupo Parlamentario Socialista:

El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a trasladar lo establecido por el Tribunal Europeo de Derechos Humanos respecto del artículo 9 del Convenio europeo para la protección de los derechos humanos y de las libertades fundamentales relativo a la libertad de pensamiento, de conciencia y de religión, desde el principio de neutralidad ideológica y religiosa del Estado, y especialmente en lo relativo a los centros escolares.

O resultado da votación foi de 20 votos a favor e 16 en contra. Quen queira ver a transcripción completa do debate pode seguir este enlace ao Diario de Sesiones do Congreso correspondente a dita Comisión.

Eu quero limitarme aquí a publicar parte da argumentación do Partido Popular. E iso por que?. Porque creo que reflicte, sen máis apoio argumental, a forte necesidade que temos de facer moita máis pedagoxía a prol da escola laica. Pedagoxía en positivo, pedagoxía sen acritude, pedagoxía dende a liberdade, pedagoxía dende a necesidade de crear e ampliar ese espazo común que as democracias precisamos no que todas e todos nos sintamos cómodos para debatir, dialogar, reflexionar,… para vivir e convivir.

Iniciaremos pois con este artigo unha serie adicada a publicar materiais de reflexión respecto da escola laica na que creo fondamente. A publicación hoxe desta intervención do Partido Popular na Cámara, a través do seu deputado Gómez Trinidad, pretende por enriba da mesa as argumentacións dun partido que contou nas Eleccións-2008 con 10.169.973 de votos (40,11%). Por suposto que opino que son unha auténtica barbaridade, un dislate, non exento de argucias e falacias argumentais, pero están ahí e hai que saber delas.

…Respecto a la simbología religiosa, realmente hay que ser fanático o intransigente para sentirse agredido por ella, sea la media luna, la estrella de David o el crucifijo. En cuanto al crucifijo, que parece que es lo que a ustedes les preocupa, les diré una cosa. Si ustedes recorren Europa de norte a sur y de este a oeste, no encontrarán ni una lengua ni un paisaje ni un horizonte ni un límite geográfico que la defina. Sin embargo, sí podrán decir
que Europa es un lugar en el que en cualquier parte te encuentras un crucifijo. Si esto es molesto para los ciudadanos, si la existencia de símbolos religiosos tanto les molesta, ¿hasta dónde van a llegar? ¿Habrá que instar al Gobierno a que prohíba en la vía pública que se canten villancicos? (Varios señores diputados: ¡Qué barbaridad!) Vamos a ser consecuentes. ¿Habrá que destruir o camuflar la Sagrada Familia, la fachada del Obradoiro o las catedrales góticas? (Varios señores diputados: ¡Venga, hombre!-¡Qué barbaridad!-Rumores.) ¿Tendremos que instar al Gobierno a que dejen de mantener cualquier obra del Museo del Prado de temática religiosa? (Un señor diputado: ¡Qué barbaridad!) ¿Saben ustedes que al menos once Estados europeos llevan la cruz en su escudo o bandera? ¿Saben ustedes que la cruz está presente, por ejemplo, en la bandera del Principado de Asturias? ¿Acaso tendremos que instar a que cambien su propio escudo? ¿Tanto ofende? Por el contrario, y aquí está su incoherencia, hay muchas personas de acreditada sensibilidad como hombres de izquierda que han manifestado su respeto a la presencia de símbolos religiosos. (Un señor diputado: Todos.) Recuerden la actitud de don Enrique Tierno Galván, que desde el primer momento mantuvo la presencia del crucifijo en el Ayuntamiento de Madrid,sin que ello haya sido menoscabo de la libertad a lo largo de todas las demás legislaturas; o don Alberto Belloch, en Zaragoza, o el alcalde socialista de Baena, Luis Moreno, quien ha tachado de revanchista y sectarista la propuesta de Izquierda Unida que pedía retirar los símbolos religiosos de la casa consistorial por atentar contra la Constitución. ¿Hasta dónde va a llegar esta actitud? Ya lo ha avanzado el señor Tardà —y le agradezco su claridad—, ha dicho que este es un primer paso y que a continuación irá a los colegios concertados. ¿Acabaremos también en las propias casas? ¿Y en la vía pública? (Rumores.-Un señor diputado: ¡Qué barbaridad!-Una señora diputada: Yo en mi casa no tengo una sola cruz.) Pueden opinar lo que quieran pero, por lo menos, hagan un ejercicio de tolerancia y déjenme terminar. Frente a esta actitud de intolerancia, el Partido Popular es partidario y defensor acérrimo de la libertad, de la tolerancia y de la autonomía de los centros educativos. Ustedes no pueden decir que también defienden estos principios y negarlos luego en la práctica.

Publicado en Educación, Escola Laica, PP, PSOE | Etiquetado , , , | 1 comentario

a navalla de Ockam e de como a FP está a gañar peso no noso sistema educativo.-

É curioso o titular da nova trasladada a opinión pública pola Consellería de Educación de Jesús Vázquez referida a Formación Profesional. Aquí vai o seu titular: A Formación Profesional gaña peso no sistema educativo galego.

E quedan tan panchos!!!. Ou iso pensaba eu inicialmente. Porque despois de repensar sesudamente sobre ese titular teño que confesarlle á comunidade educativa galega que a Jesús Vázquez e José Luis Mira Lema (director xeral) teñen razón. E o digo en voz moi alta por se non quedara claro: TEÑEN RAZÓN!!!!

Como é posible tal cuestión???, dirán vostedes, xente de natural desconfiada, mesmo de pensamento superficial. Como é posible tal cuestión???, dirán vostedes que todavía recordarán aquel artigo de escoladeferrado: a teoría do caos na formación profesional: 300 ciclos formativos menos?????.

Pois deberan ter máis fe no seu conselleiro e saber que non adoita mentir así como así. Que para iso chegou a conselleiro, oiga!. Algunha explicación haberá a cuestións que se escapan ao noso común entender.

Non crean, entendo a súa perplexidade inicial. Confeso que a min aconteceume o mesmo. Como vai gañar peso a Formación Profesional no noso sistema educativo

Cando, nos orzamentos do ano 2010 da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Formación Profesional rebaixou os seus orzamentos nun 16,95%.

Cando Jesús Vázquez, dende que foi nomeado, aínda ten sen convocar o plenario do Consello Galego de Formación Profesional.

Cando despreciaron e abandonaron, ad kalendas graecas, o II Plan Galego de Formación Profesional, co que ten de desprezo a todos os sectores sociais e da comunidade educativa que terían, e teñen, moito que aportar no mundo da formación profesional.

Cando, nada máis chegar ao poder, paralizaron o traballo das comisións sectoriais e territoriais para a confección do Mapa da Formación Profesional en Galicia.

Cando incrementaron, manu militare, as ratios mínimas para impartir os ciclos. De 8 a 12 nas grandes cidades e de 8 a 6 no resto das vilas. Un cambio que pode ocasionar un peche de ciclos moi importante (ver o xa referido artigo:  a teoría do caos na formación profesional: 300 ciclos formativos menos?????).

Cando entorpeceron programas como por exemplo o FP Plus, un programa creado para afondar nas ideas innovadoras e empresariais do alumnado.

Cando suprimiron a creación do Centro INDAGA, un centro especializado para atender as necesidades de innovación, de investigación e de formación continua e a distancia nas ensinanzas de formación profesional, co obxecto de satisfacer as demandas sociais e as recomendacións de organismos internacionais e garantir unha formación profesional de calidade. Un modelo de éxito contrastado en outros países e comunidades, por exemplo o Centro TKNIKA do País Vasco.

Perdón por non poder seguir con este listado de agravios contra a Formación Profesional, o tempo e outras obrigas impiden que siga coa desfeita. Pero convido aos lectores desta bitácora a -cos vosos comentarios- “enriquecer esta relación”.

Pero continuemos coa argumentación. Xa que logo, como pode ser certo que o noso dilecto Jesús Vázquez afirme dende a web da Consellería de Educación que a Formación está a gañar peso no sistema educativo???.

Pois ben, neste punto teño que recurrir ao meu homónimo Guillerme de Occam e ao seu famoso principio: “a navalla de Occam”. Principio que, como todos vostede saben, afirma que “dadas dúas teorías igualmente preditivas, escolle a máis simple”.

Pois ben, cal é a teoría máis simple que pode explicar a insólita afirmación do Conselleiro de Educación de que a FP está a gañar peso????. Pois moi sinxelo:

A Formación Profesional está a gañar peso PORQUE DENDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A ESTÁN LASTRANDO e, sen dúbida, deste modo CONSEGUIRÁN AFUNDILA.

Aparte de todo isto, se logo están a contar medias mentiras, a manipular cifras, a “utilizar” estatísticas,…convendrán conmigo en que son pequenas menudencias que en ningún caso deben velar as grandes verdades dogmáticas -xa que só se poden cre dende a fe- do noso Conselleiro de Educación.

Publicado en Educación, Formación Profesional, Orzamentos | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios

claro que… goberno opaco??, o-paco??, o Paco aquél que todos recordamos????

Dende logo, mal imos con Alberto Núñez Feijóo en materia de transparencia. Tanto él mesmo como os seus conselleiros están a practicar un nidio exemplo, un diáfano exemplo, do que significa a opacidade como estilo de goberno.

Paradóxico, xa o sei, porque nidio e diáfano son antónimos en toda regla de opaco, pero, éche o que hai!.

Claro que…  goberno opaco??, O-PACO??, o Paco aquél que todos recordamos??, o Paco aquél que aínda semella ter moitos amigos nun partido que se tilda de demócrata, pero que para algúns suscita moitas dúbidas?. Como di Vicenc Navarro: “hay múltiples indicadores de que hay una distancia entre la narrativa oficial [do PP] y la realidad que tal narrativa intenta describir, comenzando ya por su oposición a referirse al franquismo de una manera explícita” [ver artigo completo: ¿Es el PP franquista?].

Pero estabamos a falar dun goberno opaco, dun Feijóo opaco, dunha Beatriz Mato opaca. E non imos referirnos hoxe á política de información dos lumes, que xa abondaría!. Tampouco á falta de datos respecto ao desenvolvemento da lei de dependencia [ver artigo sobre o tema en escola de ferrado: do que feijóo e mato están facer coa dependencia en galicia.-].

Neste caso estámonos a referir á negativa do goberno de Núñez Feijóo de entregar a dcumentación solicitada polo Grupo Parlamentario Socialista a través de so seu portavoz da área de traballo, José Tomé. Estámonos a referir á negativa do goberno de Núñez Feijóo a dar aos deputados do Parlamento de Galicia unha información á que teñen lexítimo dereito.

Ollade un extracto da rolda de prensa do meu compañeiro Tomé:

Tomé sospeita que a actual conselleira [Beatriz Mato]apuntábase unha dieta que habitualmente non facía para aumentar de xeito artificial o seu soldo  porque lle parecía baixo” e dixo que “Feijóo non pode ser cómplice e esconderse no silencio, ten que dar explicacións moi  claras e convincentes”  sobre este asunto que, engadiu, “non ole ben”. Anunciou que, de confirmarse as sospeitas, “esixiremos as responsabilidades políticas que correspondan, sexa quen  sexa”.

O parlamentario socialista denunciou que esta documentación foi reclamada pola vía do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, que debe ser respondida en 20 días, no mes de xaneiro, co que acumula un retraso de 8 meses. Tomé solicitará por escrito o amparo da presidenta da Cámara autonómica e, de non ter resposta, anuncia unha visita á Xunta para examinar os expedientes “coa mesma liberdade que tivo o PP na Consellería de Traballo”.


Deixar un comentario

a inserción laboral d@s nos@s universitari@s: estudo da ACSUGA.-

[recompilando materiais]

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA) presentou o pasado 6 de xullo de 2010 a publicación titulada: Estudio da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2006-2007.

Como ben indicado na referencia elaborada pola propia axencia, “o principal obxectivo deste estudo é proporcionar información sobre a situación laboral dos titulados universitarios, aproximadamente ano e medio despois de rematar a súa titulación. Neste caso, non só se pretende dar información de cómo se produce esa integración no mercado laboral, senón que tamén se estuda a satisfacción dos titulados no seu paso pola universidade. Con respecto ao mercado laboral, as temáticas estudadas poden estruturarse principalmente en dous apartados: o acceso ao emprego e a situación laboral actual”.

A continuación transcribo as conclusións recollidas neste estudo co fin de facilitar o labor daqueles que non teñades o tempo de ollar polo miúdo as 163 páxinas da publicación.

1.- Case un 75% dos alumnos que acceden a estudos universitarios fano na titulación que elixen como primeira opción, feito que repercute positivamente na satisfacción dos titulados cos seus estudos.

2.- Máis do 45% dos titulados terminou a titulación nos anos estipulados no plan de estudos, mentres que un 33,18% tarda un ou dous anos máis do planificado.

3.- Un 19,03% dos titulados en 2006-2007 teñen estudos de terceiro ciclo ou de posgrado terminados. Deles, un 89,93% elixiu un máster ou posgrado, mentres que o 11,12% terminou estudos de terceiro ciclo.

4.- Os motivos que levan a un titulado a cursar estudos de posgrado son “Estar en mellores condicións para atopar emprego” (54%) e polo “Desenvolvemento ou promoción laboral” (30%).

5.- O 35,24% dos titulados considera que desde a súa universidade facilitóuselles bastante ou moito a realización de prácticas en empresas ou institucións. O 62% realizaron prácticas externas, considerándoas bastante ou moi útiles para a inserción laboral.

6.- Estudaron a tempo completo o 62,46% dos titulados. De compaxinar traballo e estudo, a maioría realizouno cun traballo esporádico, mentres que os que tiveron un traballo a tempo completo supoñen un 15% no total do SUG. Seguir lendo

Deixar un comentario